Ángel Garraza
Cosas e causas
Do 4 de xuño ao 8 de setembro
O tempo é o componente decisivo na obra de Ángel Garraza. Non é o tema, senón a materia prima das pezas que esculpe coa mesma serenidade coa que o paso dos anos nos modela e define. Poderosa analoxía: esculpir para ser esculpido.
Non hai disciplina artística máis ligada á forma que la escultórica. Forma, coma atributo da materia, pero tamén, con Gombrowicz, como propiedade relacional; como aquelo que nos identifica e distingue, como lembranza, sentimento e conciencia.
En Cosas e causas Garraza explora, unha vez máis, ese territorio que trascende a materia a través da súa propia continxencia; a dúctil pegada do humano no natural; a nosa fráxil identidade e o noso estéril afán por concretar o que non pode ser senón eternamente cambiante.
